WEB - Reunión inicial da Comisión para a Simplificación e Eficiencia na Xestión Educativa co obxecto de analizar as propostas de simplificación administrativa realizadas polas subcomisións por niveis educativos
Durante esta reunión, o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez levou a cabo a presentación do documento que recolle as melloras e modificacións a levar a cabo no ámbito da burocracia no ensino coa intención de reducir o volume de xestión administrativa e documental que o profesorado está a desenvolver na actualizado. Este documento compartirase con todas as organizacións sindicais para o seu estudo e aportacións en próximas reunións de traballo.
Tras agradecer a realización do traballo por parte das comisión creadas neste contexto, a intervención da nosa organización centrouse en destacar o incremento da carga burocrática en todo o ensino e que na actualidade está a supoñer un excesivo tempo de dedicación fronte o que debería ser o noso principal labor: o desenvolvemento real do noso traballo como docentes.
Tamén recalcamos a importancia de que en todos os centros, dado o volume crecente de labores burocráticas, exista persoal administrativo cada vez máis especializado para a realización destas tarefas.
Para rematar, puxemos en coñecemento da comisión a realización dunha enquisa realizada pola nosa organización con conclusións que buscaremos comparar ou engadir ao documento presentado hoxe.
Quedamos á espera de que nos compartan o texto final do documento de traballo sobre a redución da burocracia no ensino.
Dende ANPE seguiremos a loitar por conseguir este obxectivo tal e como está recollido no Acordo de Melloras das condicions do profesorado galego.