Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas para ADULTOS


26 Xul, 2024

DOG - RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2024/25.

>> Será de aplicación en todos os centros EPA da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e nos institutos de educación secundaria autorizados que impartan ensinanzas para persoas adultas.

>> Son ensinanzas para persoas adultas as seguintes:

a) Niveis I e II da etapa das ensinanzas iniciais: modalidades presencial e semipresencial.

b) Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

c) Bacharelato nas modalidades presencial e a distancia (semipresencial e telemática).

d) Castelán e galego para inmigrantes.

e) Preparación para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

f) Actividades non regradas de carácter profesionalizante, de formación sociocultural e de desenvolvemento persoal e comunitario.

g) Aula Mentor.

>> Artigo 4. Horario das ensinanzas para persoas adultas

1. As ensinanzas para persoas adultas impartiranse, con carácter xeral, entre as dezasete e as vinte e dúas horas trinta minutos, de luns a venres. Dentro deste período de horario máximo, o centro establecerá o seu propio horario lectivo e, cando menos, un período de descanso, que non será inferior aos quince minutos e que se situará entre dous períodos lectivos.

2. No caso do bacharelato a distancia, as titorías lectivas impartiranse entre as dezaoito trinta horas e as vinte e tres horas, de luns a venres.

Os períodos lectivos nas ensinanzas para persoas adultas terán unha duración mínima de 45 minutos.

   Artigo 20. Profesorado