• Noticia destacada

Comisións de servizo por saúde por CAUSAS SOBREVIDAS


10 Xul, 2024

WEBApertura do prazo extraordinario de solicitude de comisións de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde e por causas sobrevidas para o curso académico 2024/25.

>>  Prazo de presentación de solicitudes que abranguerá desde MAÑÁ xoves día 11 de xullo ata o venres día 12 de xullo de 2024, ambos incluídos.

>> Para formular unha SOLICITUDE de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder a: www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia. Na páxina de inicio do CADP poderás ver a documentación que debes entregar e toda a información referente a este tipo de comisións.

Artigo 17. Causas sobrevidas

Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás direccións  territoriais.Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED010B.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE