>> Algúns rogos:
- Demandamos información sobre a situación da elaboración dos distintos ROCS.
- Demandamos unha vez máis a restitución do cobro dos meses de verán para o profesorado substituto que acredite máis de 5,5 meses durante o curso escolar, non soamente por cuestións económicas senon tamén pola perda do recoñecemento do mesmo como tempo traballado.
- Demandamos novamente unha regulación das materias afíns que evite a creación de “prazas a medida” e de perfís “estranos” que se ofertan como vacantes no CADP.
- Denunciar as diferentes anomalías producidas no comezo dos procesos selectivos para tratar de evitar que se volvan producir ou se aborden de xeito adecuado no momento en que se producen (atasco en Santiago, coincidencia das probas cunha proba deportiva en Pontevedra, instrucións de tribunais de FOL e Tecnoloxía para que se realice a proba en castelán ou non facilitar unha copia da proba en galego), etc. Debe reestablecerse un sistema áxil de comunicacións cos tribunais.
- Demandamos a modificación da normativa de licenzas e permisos para adaptarse as modificacións normativas do EBEP (parternidade e enfermidade grave) e á regulación do permiso parental parcial para poder levalo a cabo conxuntamente.
- Demandamos que se actualice a Orde de horarios para recoller a reducción do horario lectivo do profesorado do corpo de mestres de 25 a 23 horas. A Administración resposta que as Direccións Territoriais e a Inspección teñen instrucións claras ao respecto para que se aplique o recollido no Acordo de medidas que melloran o sistema educativo.
- Demandamos a elaboración dunha nova RPT real do profesorado de relixión e se convoque, de xeito inmediato, un concurso para este profesorado. Demandamos que a adxudicación das vacantes que quedan sexan transparentes e que se estableza un CADP para este colectivo. A Administración comprométese a elaborar unha nova RPT e un Concurso durante o vindeiro curso.