DOG - RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024 (código de procedemento PL500C).
As probas comezarán ás 9.00 horas e a proba oral de cada nivel Celga se realizará o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha vez que remate a proba escrita.
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
18 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
19 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
25 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
26 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de Compostela:
1 de xuño de 2024, para todas as persoas admitidas.
>> Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1).
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).