Convocatoria de asesores na Unidade Técnica de Exterior en Madrid


19 Abr, 2024

WEB - A Unidade de Acción Educativa Exterior abre o prazo de presentación de solicitudes para ocupar, en réxime de comisión de servizos, postos vacantes como asesores/as técnicos/as docentes nas súas oficinas de servizos centrais en Madrid .

>> Estas prazas están dirixidas a funcionarios/as de carreira docentes.

>> Prazo de solicitude: ata o 30 de abril (ás 14:30 horas) 

Os postos vacantes que xurdan ocuparanse en réxime de comisión de servizos durante o curso 2024-2025.

>> Requisitos xerais:

▪ Funcionario/a de carreira docente de calquera corpo de ensinos non universitarios

▪ Coñecemento sobre a Acción Educativa Exterior

▪ Manexo de ferramentas ofimáticas de uso habitual (paquete MS Office)

>> As persoas interesadas deberán enviar unha carta de presentación e o seu CV en formato Europass a través do formulario de solicitude. (En caso de erro de acceso, usar navegadores diferentes)

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE: exterior@anpe.es ou ben no 626300849