RESUMO da Mesa Sectorial - Calendario escolar e Concurso Dirección


12 Mar, 2024

WEB - RESUMO COMPLETO da Mesa Sectorial sobre Calendario Escolar 24/25, Concurso para dirección de centros educativos e Plan de igualdade.

>> A Administración informa de que non puideron facerse modificacións por parte de AMTEGA no Boletín de cualificacións de Educación Infantil para este trimestre pero que si se van a poder marcar ou desmarcar todos ou parte dos criterios de avaliación que veñen arrastrados das programacións didácticas para que cada titor/a poida adaptar o boletín ao seu grupo.

Estes foron algunhos dos rogos e preguntas de ANPE:

• ANPE Galicia demanda a convocatoria do concurso de méritos de prazas de atención preferente. A Administración resposta que se vai a convocar.
• ANPE demanda, como ven facendo desde hai moitos anos, que se flexibilice a compatibilidade para permitir unha segunda actividade económica.

• Demandamos información sobre un proxecto de integración de unitarias de Padrón e Dodro que enviaron o curso pasado e que no tivo contestación por parte da Administración.
• Demandamos instruccións aos centros sobre a regulación do pagamento de dietas nas excursións tanto ao estranxeiro como dentro do territorio nacional. A Administración resposta que hai unha norma clara.

• Denunciamos os problemas que teñen os centros para atopar empresas para que o alumnado de FP poida facer a FCT derivados dos cambios neste módulo pola obrigatoriedade de dalos de alta na SS.
• En relación a licenzas e permisos demandamos unha actualización da normativa despois das modificacións recollidas a nivel Estatal.
• Trasladar determinadas queixas que nos fai certo profesorado da formación de polos creativos e do programa Raogal.

En relación ao CXT a Administración resposta que sairá posiblemente a resolución definitiva a vindeira semana e a publicación en DOG será despois de Semana Santa. Haberá unha correción de erros nas vacantes definitivas.