Convocatoria de prazas de PIALE 2024


27 Feb, 2024

DOGORDE do 30 de xaneiro de 2024 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2024 (código de procedemento ED305F).

ANPE presentará unha queixa pola publicación desta orde no DOG sen ter pasado pola Mesa Sectorial como é preceptivo.

1. Modalidade 1: Integración. Itinerario formativo en dúas fases. Anexo IV

a) Fase A (100 horas): programa de inmersión en inglés, francés ou portugués, consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas, en centros escolares do Canadá, Francia ou Portugal no primeiro trimestre do curso 2024/25.

2. Modalidade 2: Curso no estranxeiro. Itinerario formativo en dúas fases. Anexo IV

a) Fase A (50 horas): curso de formación de dúas semanas de duración nun país estranxeiro (O Reino Unido, Francia, Portugal ou Alemaña), que se desenvolverá no mes de xullo de 2024.

>> SOLICITUDE: Anexo I presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos e iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/piale e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar.

>> O prazo para a presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.