>> O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia (so persoal con participación voluntaria) á participación obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 29 de febreiro de 2024, ambos incluídos.
>> ADXUDICACIÓNS
Adxudicación provisional primaria
Adxudicación provisional secundaria
>> EXCLUSIÓNS
Relación provisional de persoas excluídas (Primaria)
Relación provisional de persoas excluídas (Secundaria)
COMO RECLAMAR O BAREMO:
1.-Prazo ata o 29/2
2.-Identifícate en https://www.edu.xunta.gal/cxt/
3.- Elixe concurso: Menú Participación --> Instancia--> Reclamar Baremo
4.- PULSA en RECLAMAR BAREMO na instancia ASINADA e PRESENTADA
5.- RECLAMAR no/s apartado/s correspondente/s
6.- Finalizar: GARDAR e VOLVER
7.- Pulsar sobre RECLAMACIÓNS --> BUZÓN DE INFORMES--> DESCARGAR PDF
8.- Sede Electrónica --> Buscar instancia de participación--> ACCIÓN --> ALEGACIÓNS
9.- Cubrir instancia --> ACHEGAR O PDF --> ASINAR E ENVIAR na sede
COMO RENUNCIAR (só para o persoal que participa voluntariamente):
1.-Prazo ata o 29/2
2.-Identifícate en https://www.edu.xunta.gal/cxt/
3.-Elixe concurso e Renuncia: Menú Participación-->pe de páx --> marcar "Renuncia ao concurso"
4.- Descarga o PDF e accede a túa sede electrónica, e localiza o expediente PR004A correspondente á do ano 2023 e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.
5.- Cubre o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debes subir o documento pdf de Renuncia xerado e gardado.
6.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE.