WEB - Convocatoria de Mesa Sectorial coa Oferta de Emprego Público e a Orde que rexirá os procesos selectivos 2024
>> DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS POR ESPECIALIDADES E PRAZAS
1. Proxecto polo que se aproba a Oferta de Emprego Público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.
2. Orde ___de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos diferentes corpos docentes e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
Dende ANPE insistimos en que esta oferta de emprego público anunciouse sen ningún tipo de negociación e de criterios. Tratase dunha oferta escasa e que non cubre as necesidades do sistema educativo galego, habería que empezar falando dunhas 2.200 prazas.
Podes enviar as túas aportacións a galicia@anpe.es ata o luns, 15 de xaneiro.