ANPE presiona pola convocatoria da mesa sectorial de OPOSICIÓNS


09 Xan, 2024

WEB - ANPE presiona á administración educativa para que convoque a Mesa Sectorial na que se presentará a Oferta de Emprego Público, distribución e Orde.

Dende que o 14 de decembro, o Sr. Rueda anunciara públicamente a convocatoria de 1.750 prazas para o ensino público en 2024 ninguneando aos interlocutores no proceso de estudo e negociación desta oferta no lugar que corresponde: a Mesa Sectorial (órgano no que estamos presentes os sindicatos representantes dos docentes galegos perante a administración) estamos demandando a convocatoria desa Mesa Sectorial onde se nos presentará a Oferta de Emprego Público xa adiantada, a distribución por corpos e especialidades e a orde que rexirá o proceso selectivo 2024.

Segundo puidemos averiguar hoxe, está prevista para o vindeiro martes, 16 de xaneiro.