WEB - ANPE critica, unha vez máis, o proceder da administración galega ao anunciar a Oferta de Emprego Público para este 2024 sen ter pasado polo órgano de negociación que é a Mesa Sectorial.
Dende ANPE reiteramos o noso malestar ante o modo de proceder do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, co anuncio da convocatoria de 1.750 prazas para o ensino público en 2024. Coma xa ven sendo habitual, ningunea aos interlocutores no proceso de estudo e negociación desta oferta no lugar que corresponde: a Mesa Sectorial (órgano no que estamos presentes os sindicatos representantes dos docentes galegos perante a administración) e manifesta unha vez máis a falta de diálogo e consenso característica.
Dende ANPE demandaremos, coma sempre, unha oferta de emprego público ampla que garantice un ensino de calidade, non so como propaganda senon como realidade: necesitamos cubrir cada posto baleiro que ademáis permitirá alcanzar o obxectivo dunha taxa de interinidade baixa (arredor do 5%) tal e como se establece no "Acordo de Interinos" asinado por ANPE e outras organizacións sindicais, mais non a maioritaria.
ANPE loitará por unha xestión transparente, dialogante e aberta na que se respecten "as regras do xogo" SEMPRE, non so cando a Adminsitración galega lle conveña.