Convócanse 181 prazas para a asistencia a varios eventos de formación durante o ano 2024 dentro do marco da acción eTwinning nos países participantes no programa, distribuídas en dúas edicións.
Este programa ten como finalidade reforzar o conxunto de accións destinadas a fomentar o traballo colaborativo entre docentes e alumnado das etapas educativas non universitarias dos países participantes en eTwinning, crear ou participar en comunidades profesionais a escala da Unión Europea, fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e os intercambios culturais, mellorar a calidade da formación do profesorado, así como promover a innovación e a adopción de metodoloxías e modelos pedagóxicos máis eficaces.
>> 1ª Edición: 81 prazas. Prazo de presentación de solicitudes do 4 ata o 18 de decembro de 2023.
>> 2ª Edición: 100 prazas. Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de maio de 2024.
>> SOLICITUDE na Sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
>> Resolución da convocatoria co procedemento.
Para realizar consultas sobre esta convocatoria podedes escribir a info.etwinning@educacion.gob.es