Cambio de nome nos CEIP de Nadela e Mondariz-Balneario


27 Out, 2023

DOG -  Cambio de denominación específica dos colexios de educación infantil e primaria de Nadela (Lugo) e Mondariz-Balneario (Pontevedra)

>> ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do Colexio de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe Manuel Mallo Mallo, do concello de Lugo.

Código: 27006048.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Manuel Mallo Mallo.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe de Nadela.

>> ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do Colexio de Educación Infantil e Primaria Nosa Señora de Lourdes, do concello de Mondariz-Balneario.

Código: 36005087.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Nosa Señora de Lourdes.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Mondariz-Balneario.