Datas das probas para certificación CELGA 2, 3 e 4


26 Out, 2023

DOG RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 4 de agosto de 2023 (código de procedemento PL500C).

>>  Celga 4, en Santiago de Compostela e Ponferrada: 18 e 19 de novembro segundo apelido.

>> Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 25 de novembro para todas as persoas admitidas.

>> Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 26 de novembro para todas as persoas admitidas.


Todas as probas comezarán ás 9.00 horas nos centros de realización:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas

– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade.