Nesta xuntanza aclaramos co Director Xeral as características da xornada laboral semanal no sector do Ensino Público de Galicia, diferenciando entre horario lectivo, de permanencia no centro e complementario.
>> Tendo en conta isto, esiximos a apertura de negociacións para avanzar progresivamente cara a recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas.
A Dirección Xeral de Función Pública autorizará abrir as negociacións para adecuar a prestación efectiva da xornada semanal na mesma liña que o acordado por todos os sindicatos, incluída a CIG, noutros sectores da Xunta como o SERGAS ou Política Social.
>> Reclamamos que a Consellería de Educación convoque canto antes a Comisión de Seguimento do Acordo e poder iniciar os traballos para avanzar nesta liña.