WEB - RESUMO da 2ª Mesa Sectorial sobre proposta de melloras laborais para o profesorado galego.
>> Nesta segunda xornada de negociación, a proposta de mellora das condicións laborais presentada pola consellería con respecto á do luns pasado é TOTALMENTE INSUFICIENTE.
- Dende ANPE levamos anos facendo unha intensa campaña sobre tres piares fundamentais que son liñas vermellas na negociación. Unha desas liñas vermellas, que non se contemplan no documento presentado no día de hoxe, é a redución do horario lectivo do profesorado. Seguimos manifestando, como xa fixemos na Rolda de Prensa de comezo de curso, que estamos dispostos a facer convocatoria de folga se non se trata o tema da redución do horario lectivo.
- Outra liña vermella é a redución de rateos: seguen sen contemplarse na ESO, no Bacharelato e en Ensinanzas Especias o cal é inaceptable así como, a temporalización para levala a cabo.
- Redución da burocracia para poder adicarnos a ENSINAR, non a formar parte de estatísticas.