>> Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
>> O programa consiste na realización dun único obradoiro por centro de carácter eminentemente práctico que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores. A impartición da dinámica, de hora e media de duración e para un máximo de 30 alumnos/as (da mesma ou de diferentes aulas), correrá a cargo de especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
>> O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais.
>> As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal co seguinte asunto: “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”. Para formalizala, achegarase como arquivo adxunto o documento Anexo I desta resolución.