Convocatoria do curso de formación para o desenvolvemento da FUNCIÓN DIRECTIVA


11 Set, 2023

WEB - Resolución do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2023 que acredita para o acceso a postos de dirección en centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de Educación.

>> O profesorado interesado en participar na convocatoria deberá realizar a inscrición na aplicación Fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, (código da actividade G2301066) a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria e cun prazo de 10 días hábiles.

>> Resolución do 11 de setembro de 2023 con toda a información.

Será necesario ter unha antigüidade de, polo menos, tres anos como persoal funcionario na función pública docente.

- Este requisito considerarase imprescindible para o acceso ao curso obxecto desta convocatoria salvo no caso de docentes que estean exercendo as súas funcións en centros públicos específicos de educación infantil, nos centros incompletos de educación primaria, nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades, nos centros que impartan ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito docentes.

- Considérarase persoa destinataria o persoal docente do corpo de mestres/as das especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que desempeñasen funcións de atención á diversidade na educación secundaria durante, polo menos, cinco anos, e reúnan os restantes requisitos.

- As persoas que foran nomeadas con carácter extraordinario por un período de dous anos deberán realizar esta formación.

>> Anexo II da convocatoria