WEB - Aberto o prazo para que o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de nova especialidade.
>> Prazo: TODO O MES DE SETEMBRO
>> As novas especialidades establecidas no anexo RD 1594/2011 do 4 de novembro e na Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A)
>> As solicitudes faranse na aplicación de www.edu.xunta.gal/datospersoais.
Ao inicio da páxina encontraredes a explicación do procedemento, ante calquera dúbida ou aclaración, contactade con nós.