FP - Axudas económicas para alumnado en FCT ou FP dual


28 Ago, 2023

DOG ORDE do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

>> Períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2022-marzo 2023 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2023. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 16 de outubro e o 16 de novembro de 2023, para o alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro - decembro de 2023. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2023. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2023 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

>> As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP dual onde tamén o presentarán.