OPOSICIÓNS 23 - Relación de persoal que superou o ingreso


23 Ago, 2023

DOG ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se fai pública a relación do persoal que superou o procedemento de ingreso aos diferentes corpos (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (DOG do 22 de decembro de 2022).

>> No prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, as persoas opositoras seleccionadas, que se relacionan no anexo, deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), deberán marcar a opción "Achega de documentación separada da solicitude" activada no procedemento no ED001A e dirixila á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos coa seguinte documentación relacionada na base décimo sexta da Orde do 5 de decembro de 2022:

a) Informe médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se se opuxo á consulta deste dato, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

b) Declaración responsable de que non foron separados ou separadas mediante expediente disciplinario, do servizo do corpo ao que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados ou inhabilitadas para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo XIII a esta convocatoria e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001A como Anexo asociado á Fase posterior á presentación.

c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de opoñerse expresamente á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na solicitude de participación.

>> Os destinos que obteñan as persoas opositoras, que se relacionan no anexo desta orde, terán carácter provisional e estas estarán obrigadas a participar, no seu momento, nos concursos de traslados que se convoquen ata obter un destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.