CADP 2023 - Publicación resolución definitiva no DOG


22 Ago, 2023

DOG RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2023/24 entre o persoal docente dos diferentes corpos, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (código de procedemento ED002B).

>> De conformidade co disposto no citado artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018, o persoal adxudicatario tomará posesión no centro educativo de destino e incorporarase con efectividade económica e administrativa do 1 de setembro de 2023, con independencia da data de inicio das actividades lectivas fixada mediante a Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

>> Os nomeamentos serán remitidos ao enderezo de correo electrónico das persoas interesadas.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, electronicamente, no trámite activado para o efecto no procedemento ED002B, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo.