Modificación de unidades e postos de traballo en centros educativos


18 Ago, 2023

DOG ORDE do 31 de xullo de 2023 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de educación infantil, educación primaria e educación especial.

>> Supresións de centros:

CEIP de Torrexallóns - Laxe (A Coruña)

CEIP de Pousada Carcacía - Padrón (A Coruña)

EEI de Carnés - Vimianzo (A Coruña)

"Para adaptar a organización dos centros docentes ás necesidades efectivas da poboación escolar e ás exixencias duns cadros de persoal que incidan na atención á diversidade coa introdución de profesorado especialista e a mellora da súa oferta educativa, deben revisarse as unidades e os postos de traballo docentes". 

Neste vindeiro curso, a administración galega suprimiu 59 unidades de educación infantil e primaria, que supoñen un recorte de 88 prazas de infantil e primaria, concretamente 37 de infantil ao perderse non so titores senon tamén os apoios e 51 de educación primaria.

COMO PODE HABER TANTO CINISMO NA XUSTIFICACIÓN DA REDUCIÓN DE PROFESORADO? Menos poboación infantil, certo, pero tamén UNHA MAIOR DIVERSIDADE DENTRO DA AULA que non está sendo atendida convintemente cando cubro esas prazas con afíns doutras especialidades que o profesorado afectado descoñece ata que chegue ao centro o 1 de setembro e se encontre con PT+MUS, EP+AL, EP+PT ...

BASTA DE ENGANOS  e XUSTIFICACIÓNS con MEDIAS VERDADES: Menos nenos e nenas SÍ, pero MAIS NECESIDADES!!!

>> ANPE volta solicitarlle A ESTA ADMINISTRACIÓN GALEGA como CADA NOVO CURSO: DIMINUICIÓN DE RATIOS e  COBERTURA DE TODAS AS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS.