>> Entregaranse no lugar de actuación de cada tribunal, no prazo e lugar que estes establezan ao publicar a relación de persoas que superou a proba, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/oposicions.
a) Persoal participante con expediente persoal actualizado: non é necesaria a súa xustificación se xa constan no expediente da persoa participante. O persoal participante poderá verificar todos os méritos que constan no seu expediente mediante a lapela que permite o acceso ao expediente persoal. De estar conforme cos méritos que constan no seu expediente, o persoal participante só terá que presentar ao tribunal a relación dos méritos alegados a través do modelo normalizado.
b) Persoal participante sen expediente persoal ou co expediente persoal sen actualizar: deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos alegados que non consten no expediente persoal xunto co documento que os relaciona segundo o modelo normalizado.
>> Modelo normalizado de alegacion baremo
PARA CALQUERA ACLARACIÓN OU DÚBIDA, CONTACTA CON ANPE: Ligazón ás nosas sedes