>> Solicitudes: cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
>> O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro); e dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
>> Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25. Se un curso ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo.
>> Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.
>> A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua ga- lega Celga, cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.