>> As escolas de arte e superiores de deseño realizarán a solicitude no modelo que se xunta como anexo desta resolución, ao cal engadirán o proxecto de desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües, coa concreción para o primeiro curso dos ciclos formativos (curso académico 2023/24) e a planificación para o segundo curso dos ciclos (curso académico 2024/25).
>> Cada escola de arte e superior de deseño deberá enviar unha única solicitude segundo o anexo, asinada polo/a director/a, dirixida á directora xeral de Formación Profesional. A solicitude e documentación dirixirase á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Formación Profesional, e presentarase a través do enderezo de correo electrónico sereap@edu.xunta.gal, e deberase identificar coa denominación «PluriArt EASD».
>> O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de xuño de 2023.