MUFACE - axudas asistenciais 2023


14 Xun, 2023

BOE Resolución do 2 de xuño de 2023, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, pola que se convoca a concesión de axudas asistenciais para o ano 2023.

>> 1.1 Axudas para o copagamento farmacéutico.

Consisten no abono dunha contía destinada a compensar o gasto derivado da participación económica na prestación farmacéutica para as persoas mutualistas xubiladas e as persoas titulares viúvas ou orfas.

     1.2 Resto de axudas asistenciais

a) As que se dispensen por tratamentos ou intervencións especiais, en casos de carácter excepcional, por un determinado facultativo, cando non estean cubertos pola prestación de asistencia sanitaria.
b) As determinadas por inexistencia, perda ou insuficiencia de prestacións en supostos concretos.
c) As debidas a gastos de carácter urxente en casos de importancia extraordinaria debidamente xustificados. d) En xeral, calquera outras análogas cuxa percepción non fose regulada nas normas aplicables a este réxime especial por insuficiencia xeral de ingresos.

>> O prazo de presentación será do 15 de xuño ao 15 de setembro.

>> As solicitudes presentaranse nas sedes provinciais descargando o impreso ou pola sede electrónica de MUFACE: LIGAZÓN