Disposición adicional segunda. Elección de horarios nos centros de educación secundaria
1. Coa finalidade de determinar durante o mes de xullo as necesidades de profesorado que se precisarán no centro para o vindeiro curso, así como de que os centros dispoñan de máis tempo para a organización e planificación do curso e de que o profesorado coñeza con maior antelación as materias, ámbitos e/ou módulos que terá que impartir no vindeiro curso, os centros docentes realizarán, antes do día 14 de xullo de 2023, unha distribución provisional de materias, ámbitos, cursos, módulos e, se é o caso, quendas para o cur- so 2023/24, de acordo cos criterios establecidos na lexislación vixente.
A partir do 1 de setembro de 2023 os centros docentes realizarán as actuacións referidas á elección de horarios que se establecen na lexislación vixente e, se non houber ningunha xustificación motivada que o impida conforme a normativa de aplicación, confirmarán a distribución provisional de materias, ámbitos, cursos, módulos e, se é o caso, quendas entre o persoal que forma parte dos departamentos.