EduFrance: intercambio de alumnado de centros públicos


05 Xun, 2023

WEBResolución do 29 de Maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria para a selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Acadèmiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2023/2024.

>> O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo.

>> Convocatoria para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Acadèmiques Hauts-de-France e Bretagne.

- A estancia do alumnado galego en Francia terá unha duración dun máximo de 10 días naturais.

- No programa participarán un máximo de 20 centros educativos galegos (10 por Région Académique). Cada centro escolar seleccionará un mínimo de 10 alumnos/as e un máximo de 15 alumnos/as candidatos de entre os niveis de 3º e 4º de ESO e 1º Bacharelato.

- A participación no programa de intercambio deberá ser presentada ante o Claustro de profesores e profesoras e aprobada polo Consello Escolar. A participación, planificación e avaliación deste programa recollerase na Programación Xeral Anual.

- Solicitude en: http://www.edu.xunta.es/programaseducativos

- O profesorado coordinador do programa recibirá un certificado de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.