55 centros seleccionados.
A actuación supón a incorporación de centros sostidos con fondos públicos, con espazos/aulas específicas dedicados á capacitación dixital da cidadanía, nos que poida impartirse unha formación de carácter non formal asociada, entre outras posibles, a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. A este respecto quedarían a disposición desta actuación os centros que imparten educación para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia, cunhas dotacións, servizos e horarios adaptados a este tipo de actividades.