OPOSICIÓNS 2023 - Composición dos TRIBUNAIS


29 Mai, 2023

DOG - Resolución do 11 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores convocado mediante a Orde do 5 de decembro de 2022 (DOG 22/12/22).

>> Os tribunais constituiranse dentro do prazo máximo de cinco días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e darán conta de forma inmediata da súa constitución á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

>> Os presidentes ou presidentas adoptarán as medidas necesarias para a constitución dos tribunais no prazo indicado.

>> Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, que terán dereito a percibir axudas de custo e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente.


7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro.

Sen prexuízo do anterior, as PRESIDENCIAS DOS TRIBUNAIS concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como:

-  membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2018 ou seguintes,

- as que sexan directores ou directoras dun centro

- as que teñan permiso sindical a tempo total ou

- aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2023 e que continúen durante o período en que lle correspondería actuar como membro do tribunal,

- as que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, e

- as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida

Agás nos supostos previstos na lei, non se concederá a suplencia cando non se poidan constituír os tribunais co número suficiente de persoal funcionario da especialidade correspondente.

>> 7.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos/das vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no/na vogal suplente respectivo do tribunal suplente número 1 ou, na súa falta, naqueles/as que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Se non pode constituírse así o tribunal, acudirase, pola mesma orde, aos/ás vogais do tribunal suplente número 2.