Co fin de poder tramitar a toma de posesión dos destinos adxudicados en virtude da resolución dos ditos procedementos e, por ende, a súa alta en nómina, o profesorado que obtivo destino definitivo deberá remitir antes do 1 de setembro de 2023, A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO DA SECCIÓN DE PROFESORADO (PRIMARIA OU SECUNDARIA) da provincia na que obtivo o novo destino, a documentación que, segundo o colectivo que corresponda debe consultarse na seguinte ligazón:
>> Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo.
NOTA: independentemente que logo se participe no CADP por ter concedida unha Comisión de servizo por concilia, saúde ou doutra índole ou ben se consiga unha permuta provisional, a toma de posesión como definitivo (trámite administrativo) hai que facela igual. E se despois se obtén unha praza provisional no CADP para o curso 23/24 farase outra toma de posesión, pero esta vez como destino provisional que se fará no centro adxudicado é dicir, son dous procedementos diferentes.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con nós.