Convocatoria formación linguas estranxeiras - CUALE


05 Mai, 2023

DOGRESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale) para o curso 2023/24.

>> Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.

>> O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2023.

Normativa:

>> Orde CUALE 2011