>> O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato, comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 12 de xuño.
A inscrición para as persoas aspirantes que só teñan que realizar a proba específica e para as que solicitan exención de probas comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 22 de xuño.
>> Para a formalización das solicitudes de acceso e admisión, as escolas de arte e superiores de Deseño que impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para tal efecto ou o acceso á aplicación informática CodexPro na que facer a inscrición.