Probas de certificación de niveis CELGA - datas


21 Abr, 2023

DOG RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023, que foron convocadas mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2023 (código de procedemento PL500C).

Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

13 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

14 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 20 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

21 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:
            3 de xuño de 2023, para todas as persoas admitidas. 

>>  En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1).

>>  En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).