Instrucións sobre a comunicación da incapacidade temporal á administración


29 Mar, 2023

WEB -  Instrución nº1/2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente non universitario que presta servizos en centros públicos docentes depedentes desta consellería a partir do día 1 de abril de 2023.

De confomidade coa dita normativa, suprímese a obriga da persoa traballadora incluída no Réxime xeral da Seguridade Social de presentar o parte de baixa, de confirmación ou de alta médica á empresa. En consecuencia, esta instrución só é aplicable única e exclusivamente ao persoal incluído no Réxime xeral de Seguridade social.

Non é aplicable ao persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL. Polo exposto, o persoal non docente e docente non universitario incluído no Réxime xeral da Seguridade Social que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería deberá comunicar a situación de incapacidade temporal e a previsible duración desta mediante a páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais, lapela Comunicación de incapacidade temporal sen que sexa preciso que se suba á dita páxina ningún parte médico (baixa, confirmación ou alta).