- Rogos e Preguntas de ANPE:
1. Solicitamos celeridade na resolución do proceso de integración do profesorado do extinto corpo de PTFP no corpo de PES para evitar a problemática que pode xurdir á hora de nomear tribunais para as especialidades afectadas nos vindeiros procesos selectivos de xuño de 2023. A Administración resposta que nas 19 especialidades que se integran o sorteo realizarase entre os funcionarios de carreira que cumpran o requisito de titulación para poder integrarse estea ou non estea publicada a resolución do proceso de integración.
2. Demandar novamente unha negociación seria e real dun acordo de condicións de traballo do profesorado que contemple redución de rateos, adaptación de horario lectivo e redución da burocracia nos centros educativos entre outras cuestións.
3. Solicitamos información sobre as datas de resolución provisional do Concurso de Méritos de Estabilización. A Administración non pode precisar datas. Se é posible será sobre a segunda semana de Abril pero non se pode garantir xa que se está traballando niso. A publicación de puntuacións provisionais será soamente por orde alfabético.
4. Solicitar información sobre o pagamento aos membros das mesas das eleccións sindicais. A Administración resposta que está realizado.
5. Solicitar información sobre se vai a haber convocatoria de prazas de atención preferente e prazas sometidas a convenio. A Administración resposta que non se van a convocar prazas de atención preferente nin concurso específico de adultos. O resto de convocatorias serán realizadas.
ANPE demanda a convocatoria do concurso de atención preferente.
6. Denunciar que se utilice unha empresa privada para certificar a calidade en Conservatorios de Música e Danza. A situación a denunciar é que a empresa a contrata a Consellería pero quen factura é o propio centro educativo.