OPOSICIÓNS 23 - listados provisionais de admitidos e excluidos


14 Mar, 2023

WEB - Resolución do 13 de marzo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022.

>> O prazo de reclamacións contra estas listas é de dez (10) días hábiles e comeza o día 15 de marzo de 2023 e remata o día 28 de marzo de 2023.

Resolución do 13 de marzo de 2023

Anexo I - admitidos

Anexo II - excluidos II

>> Procedemento de reclamación á lista provisional:

1.- Acceder á sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada

2.- Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo (código de procedemento ED001A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DO 5 DE DECEMBRO DE 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED001A).

3.- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”. Estará correctamente presentada cando se teñan en pantalla os PDF de xustificación e solicitude do trámite.

>> No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.