Apertura de listas para relixión secundaria


21 Feb, 2023

WEB - Convocatoria procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen desta consellería

Prazo do 22 de febreiro ao 7 de marzo 

>> Resolución do 20 de febreiro de 2023 cos requisitos

>> Impreso de autobaremación normalizado (Anexo III)

Solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

3º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución así como o impreso de autobaremación normalizado e a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

Ante calquera dúbida, contacta con nos.