>> As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición.
>> Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección.
>> O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
>> Se un curso ten máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro: o día 10 de marzo, ás 12.00 horas, no salón de actos da sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística (rúa de San Roque, 2, Santiago de Compostela).
>> Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves.
>> A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga)
Podes ver os IES nos que se realizarán os cursos presenciais na ligazón da noticia.