Nova convocatoria para a integración dos funcionarios PTFP en PES


26 Xan, 2023

WEB - ORDE do 17 de xaneiro de 2023 pola que se realiza unha nova convocatoria do procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A).

A presente orde ten por obxecto convocar un procedemento, aberto ata o 19 de xaneiro de 2026, para que o profesorado funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que reúna os requisitos e cumpra as condicións establecidas, poida integrarse no corpo de profesores de ensino secundario, de conformidade coa normativa básica establecida polo Real decreto 800/2022, do 4 de outubro.
>> Este procedemento habilitarase na sede electrónica co código ED021A.