Para resolver o empate na puntuación final no curso 2023/2024, terase en conta o número 0,69, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100).
Este número multiplicarase polo número de solicitudes que resulten empatadas en cada centro e curso, e o resultado da multiplicación redondearase á alza.O número enteiro obtido determinará a solicitude que ocupará o primeiro lugar e, a partir desta, a orde das sucesivas solicitudes empatadas, previamente ordenadas de forma ascendente e correlativa con base no número aleatorio asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación no sistema: (en cumprimento do previsto no artigo 34 e na disposición adicional primeira da devandita orde: Orde do 21 de outubro de 2022)
O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)