01/02/23 - CORRECCIÓN DE ERROS.
a) Ser persoal docente funcionario de carreira.
b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario.
c) Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de polo menos cinco anos.
d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da consellería.
e) Posuír a certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva.
f) Presentar un proxecto de dirección que inclúa, entre outros, os obxectivos, as liñas de actuación e a avaliación deste.
*** Nos centros específicos de educación infantil, nos incompletos de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, nos que se impartan ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou as dirixidas a persoas adultas con menos de oito docentes non se exixirán os requisitos establecidos nas alíneas b), c) e e) deste artigo.
O concurso de méritos será convocado pola consellería competente en materia de educación, antes do 1 de abril de cada ano, especificando os centros en que está ou vai quedar vacante a dirección en 30 de xuño.
Os directores e directoras serán nomeados por un período de catro anos. O nomeamento poderá ser renovado, por petición das persoas interesadas, pola persoa titular da xefatura territorial da consellería , por períodos de igual duración, ata un máximo de tres mandatos, logo de avaliación positiva do traballo desenvolvido ao final destes, oído o consello escolar. A renovación do nomeamento deberá solicitarse durante o mes de xaneiro do último ano de mandato.
Queda derrogado o Decreto 29/2007, do 8 de marzo.