OPOSICIÓNS 22 - estimado un recurso de alzada na 597034 EF


10 Xan, 2023

DOGORDE do 30 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso aos diferentes corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro).

Logo de estimado o recurso de alzada que formulou Marina Vila Castaño en relación co procedemento selectivo na especialidade 597034 EF, pasa a ocupar o posto nº 29 pola quenda L e supón unha modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nesta especialidade cunha puntuación no concurso-oposición inferior á obtida por Marina Vila Castaño, de tal modo que Mendaña Blanco, Ana, con DNI ***4966**, ocupará o posto 30 e así sucesivamente ata a derradeira persoa Solleiro Calvo, Beatriz, con DNI ***0605**, que pasará a ocupar o posto número 46.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa