Logo de estimado o recurso de alzada que formulou Marina Vila Castaño en relación co procedemento selectivo na especialidade 597034 EF, pasa a ocupar o posto nº 29 pola quenda L e supón unha modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nesta especialidade cunha puntuación no concurso-oposición inferior á obtida por Marina Vila Castaño, de tal modo que Mendaña Blanco, Ana, con DNI ***4966**, ocupará o posto 30 e así sucesivamente ata a derradeira persoa Solleiro Calvo, Beatriz, con DNI ***0605**, que pasará a ocupar o posto número 46.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa