RESUMO da Mesa Sectorial - segunda orden integración PTFP en PES


15 Dec, 2022

WEB - RESUMO completo do tratado na MS sobre a integración de PTFP e aspectos do proceso selectivo 2023

2. Addenda acordo de interinos. - ANPE solicita reunión da comisión de seguimento do Acordo de interinos para adaptar a nova realidade ao acordo.

3. Convocatoria de integración de profesores técnicos de FP - Non a discriminación salarial. Ampliación de prazos para graduarse. Cobro por parte do funcionariado en prácticas

4. Rogos e preguntas:

  • Solicitamos información sobre a situación das licenzas por formación. A Administración resposta que posiblemente fagan modificacións sobre a convocatoria que xa pasou pola mesa sectorial e pasarán novamente pola mesa. A convocatoria será anual en lugar de por curso académico.
  • Solicitamos información sobre cando se van a publicar as instancias dos participantes no Concurso Xeral de Traslados e no Concurso de méritos excepcional e demandamos que se faga o antes posible. A Administración non pode dar data concreta. A mediados de Xaneiro comezará a funcionar a comisión de valoración das publicacións do Concurso Xeral de Traslados.
  • Demandamos que a Administración educativa poña especial atención na saúde mental tanto de alumnado como do profesorado.
  • Demandamos de novo a creación da figura da Coordinación de Benestar tal e como recolle a Lei e que non son os coordinadores de convivencia como se fai en Galicia xa que as súas funcións son diferentes.
  • Manifestar a nosa oposición á intención do Ministerio de que o profesorado controle as redes sociais do alumnado xa que legalmente vulnera as nosas competencias profesionais.
  • Demandamos de novo retribución específica para os coordinadores ADIX a través do establecemento dun complemento específico.

 

>>> Todas as aportacións ou alegacións son benvidas ao noso correo electrónico: galicia@anpe.es antes do 15 de decembro.