GRAZAS a todo o profesorado polo seu apoio e confianza!


02 Dec, 2022

WEB - ANPE agradece a todos os docentes a súa participación e apoio nunhas eleccións complicadas.

O noso agradecemento polo traballo realizado aos membros das mesas coordinadoras provinciais, aos membros das mesas parciais e a todos e todas os apoderados e apoderadas que permitiron que o proceso electoral funcionase con total eficacia e transparencia.

Pero, por riba de todo, queremos agradecer ao profesorado que depositou a súa confianza na nosa organización sindical a través do seu voto e que nos permitiu obter un total de 18 delegados e delegadas sindicais na nosa Comunidade, o que nos permitirá continuar loitando sempre con espírito crítico e construtivo ante a Administración Educativa.

Desde ANPE COMPROMETÉMONOS a seguir traballando na mesma liña con rigor, profesionalidade, seriedade e independencia a prol do ensino público galego e de todos os seus traballadores e traballadoras. 
A todos eles e elas…… MOITAS GRAZAS!  IMOS ALÓ! 

 

 Desde ANPE queremos felicitar á CIG Ensino pola súa incontestable victoria nas eleccións sindicais celebradas no día de onte.

Máis aló das diferenzas que poidan existir, a ambas organizacións móvenos o mesmo motor: a loita pola calidade e a defensa do ensino público galego e do seu profesorado e desexamos que, baixo esas premisas, sexan máis os puntos de encontro para loitar man a man polo obxectivo común que as diferenzas que nos separen.

 

 

.