CXT 22/23 - Concurso de traslados específico de ORIENTACIÓN Mestres


21 Nov, 2022

DOGORDE do 26 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

1. As prazas no anexo III desta orde e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo IV.

2. Poderán participar o persoal funcionario de carreira e o persoal funcionario en prácticas.

3. Mestres con algunha destas titulacións: Pedagoxía ou en Psicoloxía, doutoramento ou licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidade de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidade de Pedagoxía ou Psicoloxía) ou que fose diplomado nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974.

PRAZO  de 15 días hábiles ( do 22 de novembro ao 14 de decembro)

LIGAZÓN para participar

- Non será necesaria a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico salvo que haxa que actualizar o expediente académico que entón haberá que abrir unha INSTANCIA  na aplicación de datospersoais para aportalos e que poidan ser baremados.

- Publicada a resolución provisional haberá 10 días hábiles para renuncias ou reclamacións.

- Poderase presentar reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.

- O que estea participando simultaneamente no CXT xeral e obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.