Mesa Sectorial - Resumo da Orde de concurso-oposición 2023


22 Nov, 2022

WEB - RESUMO da Mesa Sectorial sobre procesos selectivos 2023

ANPE pide na Mesa Sectorial flexibilidade á hora da entrega das programacións PROENS e unha adaptación da aplicación específica para o profesorado de Educación Infantil. A Administración dará flexibilidade sempre dentro deste trimestre e continuará dando formación ao profesorado sobre o uso da aplicación. (A resposta ás cuestións plantexadas sobre Proens e a súa utilización para a elaboración das programacións da etapa de infantil, comunicamos que esta resposta está incorporada ao Documento de Axuda que figura na pantalla de inicio de Proens e é accesible para toda persoa usuaria.)

Sobre a posibilidade de que máis dunha persoa poida editar a mesma programación, reafirmamos o que se comentou na mesa sectorial: todas/os as/os docentes do nivel poden editar. A maiores pode facelo tamén a/o xefa/e de departamento na ESO e BAC, as/os coordinadoras/es de ciclo, titoras/es e equipos directivos en infantil e primaria.

OPOSICIÓNS 2023 de estabilización - Prévese a publicación no DOG a finais de decembro, o día 28 e, están valorando se empezar a matrícula nesa deta ou esperar a ter a resolución provisional do concurso de méritos.

A administración está estudando a posibilidade ou non de incorporación ás listas de interinidades.

A Consellería informa de que a unidade didáctica da proba do concurso-oposición do 2023 terá que estar baseada no establecido na LOMLOE para TODOS os cursos.

Non haberá procedemento de adquisición de novas especialidades.

Puntos a tratar:

1. Anteproxecto de  orde pola que se establece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta.

2. Proxecto de ORDE do........ de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A).

88 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 6 prazas no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, 8 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, 1 praza no corpo de profesores de música e artes escénicas, 5 no corpo de profesores de artes plásticas e deseño e 17 prazas no corpo de mestres,

 

>> Podedes enviar as vosas achegas a noso correo electrónico : galicia@anpe.es